Muhammad Iqbal (en urdú: محمد اقبال ), nado en Sialkot o 9 de novembro de 1877 e finado en Lahore o 21 de abril de 1938, tamén coñecido como Allama Iqbal (علامہ اقبال), foi un avogado, político, poeta e filósofo da India británica, considerado o inspirador do Movemento de Paquistán. e como tal denominado o "pai espiritual de Paquistán". Unha das figuras máis importantes da literatura urdú, foi tamén un destacado poeta en persa. Ordenado cabaleiro por Xurxo V, tiña o título de sir.
Provided by Wikipedia
Showing 1 - 2 results of 2 for search 'Muhammad Iqbal', tempo de consulta: 0.01s
Limitar resultados