Indonesia

''[[A rendición do príncipe  Diponegoro diante do xeneral De Kock Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: ''Republik Indonesia''), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.

Pese a ser un arquipélago, ten fronteiras terrestres con Malaisia na illa de Borneo, con Timor Leste na illa de Timor, e con Papúa-Nova Guinea, na illa de Nova Guinea. O país está bañado polos océanos Pacífico e Índico. Algunhas das illas do arquipélago son Xava (a máis densamente poboada), Borneo, Sumatra, Célebes, Timor ou Nova Guinea.

O arquipélago indonesio é unha rexión importante para o comercio xa dende o século VII, dende que o reino de Srivijaya comezou a comerciar coa China e coa India. Gradualmente, os gobernantes locais adoptaron a cultura, relixión e o modelo político dos indios, e no século I d. C. apareceron varios reinos hindús e budistas na rexión. A historia indonesia foi influenciada polas potencias foráneas que buscaron explotar os seus recursos naturais. Despois de que os comerciantes musulmáns introduciran o islam, e durante a era dos descubrimentos, as potencias europeas comezaron a disputarse o monopolio do comercio de especias nas Molucas. Tras tres séculos e medio de colonialismo neerlandés, Indonesia obtivo a súa independencia pouco despois da segunda guerra mundial.

Dende aquela a historia de Indonesia foi turbulenta, enfrontándose a desastres naturais, corrupcións, o separatismo, o proceso de democratización e períodos de cambios económicos. A través das súas numerosas illas, o pobo indonesio está conformado por distintos grupos étnicos, lingüísticos e relixiosos. Os xavaneses son o maior grupo étnico e politicamente o dominante. Indonesia desenvolveu unha identidade compartida definida por un idioma nacional, pola diversidade étnica, o pluralismo relixioso dentro dunha poboación de maioría musulmá e unha historia de colonialismo constante e a súa loita contra el. O lema nacional de Indonesia, ''"Bhinneka Tunggal Ika"'' ("Unidade na diversidade"), articula a diversidade que conforma á nación. Non obstante, as tensións sectarias e o separatismo conduciron a violentos enfrontamentos que minaron a estabilidade política e económica do país. A pesar da súa gran poboación e as rexións densamente poboadas, en Indonesia atópanse vastas terras inhabitadas que o fan un dos países do mundo con maior biodiversidade, integrándose na lista dos países megadiversos.

Pese a ter moitos recursos naturais, a pobreza é unha característica que define á Indonesia contemporánea. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 1,744 for search 'Indonesia', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1

    Orde baru dalam pembangunan nasional 25 tahun pertama por INDONESIA

    Publicado 1990
    Libro
  2. 2

    Al qur'an dan terjemahannya djuz 11 - djuz 20 por INDONESIA

    Publicado 1969
    Libro
  3. 3

    Indonesia and Korea: the next decade por INDONESIA AND..

    Publicado 1979
    Libro
  4. 4

    Indonesia's tchnological challenge por INDONESIA'S ..

    Publicado 1998
    Libro
  5. 5

    Indonesia di ambang perpecahan?: kasus Aceh, Riau, Irian Jaya, dan Timor Timur por INDONESIA ..

    Publicado 1999
    Libro
  6. 6

    Indonesia: The challenge of change/edited: Richard W.Baker, et.al por INDONESIA ..

    Publicado 1999
    Libro
  7. 7

    Indonesia abad XXI: di tengah kepungan perubahan glo-bal/editor Ninok Leksono por INDONESIA ..

    Publicado 2000
    Libro
  8. 8

    Indonesia's economy: entering the third millenium 1 por INDONESIA'S ..

    Publicado 1997
    Libro
  9. 9

    Indonesia's economy: entering the third millenium 2 por INDONESIA'S ..

    Publicado 1997
    Libro
  10. 10

    Indonesia and Korea: policy issues for long term deve-lopment cooperation por INDONESIA AND..

    Publicado 1982
    Libro
  11. 11

    Perkembangan ekonomi keuangan daerah tahun 1999/2000propinsi jawa tengah por INDONESIA, Bank Indonesia

    Publicado 1999
    Libro
  12. 12

    Perkembangan ekonomi keuangan daerah propinsi Jawa Te-ngah tahun 2000 por INDONESIA, Bank Indonesia

    Publicado 2001
    Libro
  13. 13

    Mengurai benang kusut BLBI por INDONESIA, Bank Indonesia

    Publicado 2002
    Libro
  14. 14

    Laporan perkembangan pelaksanaan tugas dan wewenangbank Indonesia kepada Dewan Perwakilan Rakyat ... por INDONESIA, Bank Indonesia

    Publicado 2002
    Libro
  15. 15

    Tinjauan triwulanan perkembangan perbankan: triwulan I 2002 por INDONESIA, Bank Indonesia

    Publicado 2002
    Libro
  16. 16

    Statistik ekonomi moneter Indonesia=Indonesian monetary economic statistics vol.IV no.15 , 23 April 2004 por INDONESIA, BANK INDONESIA

    Publicado 2004
    Libro
  17. 17

    Statistik ekonomi moneter Indonesia=Indonesian monetary economic statistics vil IV, no.16, 30 april 2004 por INDONESIA, BANK INDONESIA

    Publicado 2004
    Libro
  18. 18

    Statistik ekonomi moneter Indonesia=Indonesian monetary economic statistics vol.IV no.17, 7 Mei 2004 por INDONESIA, BANK INDONESIA

    Publicado 2004
    Libro
  19. 19

    Statistik ekonomi moneter Indonesia=Indonesian monetary economic statistics vol.IV no.18, 14 Mei 2004 por INDONESIA, BANK INDONESIA

    Publicado 2004
    Libro
  20. 20

    Statistik ekonomi moneter Indonesia=Indonesian monetary economic statistics vol. IV No. 22, 15 Juni 2004 por INDONESIA, Bank Indonesia

    Publicado 2004
    Libro